Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un home no aeroporto de Vigo que pretendía viaxar con varias armas nunha maleta

Detido un home no aeroporto de Vigo que pretendía viaxar con varias armas nunha maleta

O dono da maleta, un home de 52 anos que viaxaba ás Canarias, alegou que lle pagaran 3.000 euros nun hotel da contorna do aeroporto vigués para que pasase esas armas

Aeroporto de Peinador (Europapress) Aeroporto de Peinador (Europapress)
G24.gal 30/10/2025 10:29 Última actualización 30/10/2025 13:46

Un xulgado de Vigo investiga o transporte de varias armas nunha maleta, que foron intervidas nas últimas horas no aeroporto de Peinador, na cidade olívica, nun operativo da Garda Civil en que se detivo un home de 42 anos de idade e de nacionalidade española.

Segundo informaron fontes coñecedoras da investigación, o achado das armas produciuse na terminal do aeroporto, na mañá deste mércores, cando a maleta pasaba polos controis. Así, os servizos de seguridade alertaron de que unha das maletas facturadas nun voo ás Palmas parecía conter armas de fogo tras ser analizada mediante o equipo de raios X.

Os axentes da Garda Civil procederon a examinar a maleta en presenza do seu propietario e comprobaron que, no seu interior, había seis armas curtas (pistolas), un revólver, unha escopeta de canón recortado, unha mira telescópica e unha arma longa (escopeta).

O dono da maleta alegou que lle pagaran 3.000 euros nun hotel da contorna do aeroporto vigués para que pasase esas armas na maleta. Os axentes procederon á súa detención por un suposto delito de tráfico de armas.

Polo momento non transcenderon máis detalles desta investigación en curso, aínda que fontes xudiciais avanzaron que non está previsto que o arrestado pase ás disposición do xulgado de instrución este xoves.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade