Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un veciño de Sanxenxo por violencia de xénero, ao que lle interviron unha escopeta

Detido un veciño de Sanxenxo por violencia de xénero, ao que lle interviron unha escopeta

O presunto autor dos malos tratos a súa muller tiña unha arma e varios cartuchos na súa casa 

Imaxe da escopeta e os cartuchos intervidos. Garda Civil. Imaxe da escopeta e os cartuchos intervidos. Garda Civil.
G24.gal 20/02/2026 15:11

A Garda Civil arrestou un veciño de Sanxenxo, de 53 anos de idade, como suposto autor dun delito de violencia de xénero, ao que lle interviron unha arma no seu domicilio que carecía de licenza. 

Segundo informou a Comandancia, os feitos aconteceron o pasado 17 de febreiro, cando os axentes acudiron a unha vivenda tras un presunto episodio de malos tratos a súa parella. Durante a intervención, os axentes tiveron coñecemento da existencia dunha escopeta no domicilio xunto con cartuchos de varios calibres.

A muller fixo entrega voluntaria da arma e a Garda Civil constatou que se trataba dunha escopeta longa regulamentada que carecía de todo tipo de identificación. Por mor destes feitos, efectivos do Equipo de Investigación de Sanxenxo citaron en calidade de investigado ao home como presunto autor dun delito de tenencia ilícita de armas, ao non dispoñer de licenza nin poder acreditar a lícita titularidade da escopeta intervida.

A escopeta será enviada ao departamento de Criminalística

A arma será remitida ao servizo de Criminalística da Garda Civil para a súa análise técnica e estudo. As dilixencias instruídas foron postas en coñecemento do Tribunal de Instancia, Sección civil e de Instrución de garda de Cambados, onde deberá comparecer o investigado cando sexa citado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade