Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un home armado atraca unha oficina bancaria en Cervantes e leva un botín que podería chegar aos 90.000 euros

Un home armado atraca unha oficina bancaria en Cervantes e leva un botín que podería chegar aos 90.000 euros

O roubo na entidade bancaria produciuse a primeira hora, cando unha empregada se dispuña a abrir e foi sorprendida por un home armado

G24.gal 24/10/2025 10:05 Última actualización 24/10/2025 11:57

Unha oficina bancaria situada no concello de Cervantes foi obxecto este venres dun atraco. O asalto produciuse cando unha empregada se dispuña a abrir a oficina de Caixa Rural Galega, localizada en San Román, a capital municipal, a escasos metros do edificio consistorial, e foi sorprendida por un home que ía armado

Ocorreu contra ás 8:30 da mañá e tras abordar á traballadora e entrar na sucursal bancaria dirixiuse directamente á caixa forte e colleu o diñeiro do seu interior.

Segundo a descrición que fixo do asaltante, trátase dun home de mediana idade, que levaba luvas e perruca. A arma que portaba non se sabe se era real ou simulada.

O botín obtido no atraco estímase que está entre os 60.000 e os 90.000 euros, á espera do reconto oficial por parte da entidade. A traballadora da entidade non sufriu danos.

A Garda Civil activou un dispositivo de busca para tratar de dar co autor do roubo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade