Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido o presunto autor de dous incendios forestais rexistrados en Boiro en agosto

Detido o presunto autor de dous incendios forestais rexistrados en Boiro en agosto

Trátase dun veciño deste concello coruñés

A Garda Civil localizou no seu vehículo oito chisqueiros

G24.gal 24/10/2025 11:25

O Equipo Territorial de Policía Xudicial da Garda Civil de Noia detivo un home como presunto autor de dous delitos de incendio forestais ocorridos os días 17 e 18 de agosto nos lugares de Mieites e Bermo, situados no termo municipal de Boiro.

Ambos os incendios presentaban indicios de ser provocados, nunha época en que as condicións meteorolóxicas existentes e a orografía do terreo incrementaban exponencialmente o risco de propagación dos mesmos.

Os axentes acharon no se vehículo oito chisqueiros. Unha vez coñecida a identidade do presunto responsable, a Garda Civil procedeu á súa detención como suposto autor de dous delitos de incendio forestal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade