Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ryanair deixa de operar con voos desde Santiago a Madrid e ocasiona unha redución de prazas e un aumento de prezos

Ryanair deixa de operar con voos desde Santiago a Madrid e ocasiona unha redución de prazas e un aumento de prezos

Os voos de Ryanair vanse recortar na capital de Galicia de 100 a 15 á semana, cunha perda do 50 % dos pasaxeiros

Permanecen os destinos cara a Tenerife Sur, Lanzarote, Londres e Málaga

G24.gal 24/10/2025 08:50 Última actualización 24/10/2025 09:13

A aeroliña irlandesa de baixo custo Ryanair deixa de operar con voos entre Santiago e Madrid, unha das liñas con máis pasaxeiros, dende este venres. É a última chamada tamén para os voos a Alacante, Barcelona e Málaga. Permanecen os destinos a Tenerife Sur, Lanzarote, Londres e Málaga.

Os voos de Ryanair vanse recortar na capital de Galicia de 100 a 15 á semana, cunha perda do 50 % dos pasaxeiros, entre 1,5 e 2 millóns dos 4 millóns cos que conta anualmente.

Ademais dos pasaxeiros, afectan tamén aos traballadores. Ryanair presentou un expediente de regulación de emprego extintivo para un centenar de traballadores de handling (asistencia en terra) no aeroporto de Santiago de Compostela, despois de que a compañía anunciara a comezos de setembro o peche da súa base na terminal de Rosalía de Castro-A Lavacolla a partir do 26 de outubro. Hai 135 traballadores de tripulación de cabina que serán recolocados noutras terminais, pero o problema máis real sófreno entre 100 e 120 traballadores de asistencia en terra que serán despedidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade