A finais deste mes Galicia perde conexións por avión con Andalucía e co Levante
Ryanair e Volotea pechan as rutas a Valencia, Málaga e Sevilla
Moitos usuarios lamentan o descenso na oferta de voos
Os usuarios dos aeroportos galegos lamentan a perda de voos. Volotea, en Alvedro, e Ryanair, na Lavacolla, pechan a conexión con Valencia a finais de mes.
Volotea tamén suprime en Alvedro a conexión con Málaga. E Ryanair retira ademais en Compostela o voo a Sevilla. A compañía irlandesa está reducindo de xeito drástico a súa oferta outras zonas do norte de España como Asturias, Cantabria e Zaragoza.
A conexión por avión entre as capitais galega e andaluza mantense con Vueling.
No caso dos voos perdidos en Alvedro, débese a que caducan as subvencións do Concello.
Entre o 23 de abril e o 27 de maio, o tráfico aéreo en Galicia vaise ver afectado tamén polas obras da pista do Rosalía de Castro.