Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciñanza de Alvedro pide que lle cambien as ventás e insonoricen as vivendas

Veciñanza de Alvedro pide que lle cambien as ventás e insonoricen as vivendas

Durante un mes, o aeródromo coruñés terá máis do dobre da actividade habitual, ao asumir parte do tráfico do aeroporto de Santiago

G24.gal 24/04/2026 13:16 Última actualización 24/04/2026 13:51

Veciños de Culleredo, que viven nas inmediacións do aeroporto de Alvedro, piden que se leven a cabo as obras de insonorización e cambio de fiestras das casas que aínda están pendentes porque, aseguran, esa modificación é a diferenza entre vivir cos ruídos molestos das aeronaves dentro da casa ou non. 

Piden solución aos ruídos dos avións os que viven nas inmediacións do aeroporto de Alvedro, na Coruña. Na zona de Culleredo hai dúas bandas sonoras. Unha para os que teñen as ventás cambiadas e as vivendas insonorizadas, e outra para os que non. 

Durante un mes Alvedro terá máis do dobre da actividade habitual porque asume parte do tráfico do aeroporto de Santiago. O aumento de avións será progresivo. Moitos veciños da contorna entenden que é un momento inmellorable para que lles insonoricen as vivendas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade