Varias cidades galegas súmanse ás mobilizacións pola crise da vivenda
Os participantes piden medidas urxentes para garantir o acceso a unha vivenda digna, tanto en propiedade coma en alugueiro.
Santiago ou A Coruña son algunhas das cidades onde se celebraron esta mañá concorridas manifestacións para denunciar o incremento dos prezos da vivenda.
Na cidade herculina o prezo disparonse un 80% nos últimos dez anos. Alí os manifestantes pediron medidas urxentes para garantir o acceso a unha vivenda digna, tanto en propiedade coma en alugueiro.
Á mesma hora, ás 12:00 horas, máis dun milleiro de persoas mobilízanse en Santiago polo dereito á vivenda e a crise habitacional, á que piden poñer fin con consignas como "Barrios para vivir, non para especular" e "A nosa casa non é un negocio".
A protesta foi convocada polo colectivo compostelán Xuntanza Pola Vivenda, baixo o lema 'Nin alugueres polas nubes, nin salarios polo chan', en coordinación con organizacións doutras cidades.
En Ourense, convocouse unha manifestación a partir das 20.00 horas. Pola súa banda, Vigo xa se mobilizou na pasada tarde.