Publicador de contidos

Publicador de contidos

Doce familias de Ribadeo seguen sen poder volver as súas casas mes e medio despois dun incendio

Doce familias de Ribadeo seguen sen poder volver as súas casas mes e medio despois dun incendio

Hai risco de colapso, tampouco funcionan as instalacións comúns e hai que cambiar todas as tubaxes

Piden que se realicen as obras necesarias para poder volver as súas casas con seguridade

G24.gal 20/07/2026 13:24

Un mes e medio despois a pegada do voraz incendio que destruía o baixo deste edificio de Ribadeo aínda é visible na súa fachada. Tamén nos accesos onde hai precintos que advirten que non se pode pasar. Hai doce familias que seguen desaloxadas.

"Os propietarios están desesperados porque non lles dan unha solución", di unha veciña.

O incendio foi nunha imprenta, que quedou derruída. Foi de alto risco pola gran carga térmica polo material que ardeu. Os bombeiros rexistraron temperaturas de máis de 250 graos e tardaron dous días en dar por concluída a intervención. 

"Ainda hoxe me impresiona ver como quedou todo, está todo negro, foi un incendio terrible", asegura unha veciña.


O incendio provocou importantes danos estruturais, hai risco de colapso. Hai que apuntalar terrazas e garaxes. E tampouco funcionan as instalacións comúns, hai que cambiar as tubaxes que arderon. Os veciños foron acondicionando as súas vivendas de portas para dentro, pero seguen sen poder volver a elas. Os técnicos din que o edificio é inhabitable. E que a situación pode demorarse.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade