Turismo na ponte de maio: case un 20 % de estranxeiros e dous días de estadía media
Esta é a primeira ponte coas obras da Lavacolla en marcha
Os pequenos establecementos dos centros das cidades galegas están case completos. Aínda que se se fai media coa periferia a ocupación dos hoteis e hostais estímase nun 80 % nas zonas urbanas.
En total a media en Galicia é un 60 % de ocupación nos hoteis, dous días de reserva e 80 euros por habitación.
En Santiago máis, pero en total en Galicia o 18 por cento dos turistas que nos visitan son estranxeiros.
Nesta ponte de maio está a predominar o turismo de cidade. Persoas que aproveitan esta fin de semana de tres días para virse perder con calma polas rúas de Santiago, de Ourense ou de Vigo
A estadía nas cidades galegas compleméntana con rutas fluviais, praias tranquilas, visitas a mosteiros ou días de silencio no medio do bosque.