Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia promove en Pequín o Camiño de Santiago e a súa oferta turística

Galicia promove en Pequín o Camiño de Santiago e a súa oferta turística

Alfonso Rueda presentou ante empresarios chineses as oportunidades da comunidade como destino turístico

O presidente da Xunta tamén puxo en valor o potencial industrial, especialmente no sector da automoción, para atraer investimento
 

G24.gal 24/04/2026 14:44

A muralla romana de Lugo, a Torre de Hércules ou a zona histórica de Santiago foron este venres protagonistas na China. Alfonso Rueda reforzou no país asiático a promoción turística de Galicia ás porta do Ano Santo.

O ano pasado chegaron a Santiago case 4.500 peregrinos chineses, e na Xunta ven posibilidades de crecemento.

"No 2014 chegaron a Santiago 700 peregrinos de orixe chinés e no 2025, once anos despois, fixeron o camiño 4.441 peregrinos de orixe chino", explicou Rueda.

Ademais do potencial turístico, o presidente da Xunta tamén puxo en valor o sector da automoción galego. No Salón do Automóbil de Beijing, considerado o máis grande do mundo, Alfonso Rueda  busca novas relacións comerciais e económicas entre A China e Galicia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade