Os cruceiros activan a economía no porto da Coruña
No 2025, na Coruña, rexistráronse medio millon de pasaxeiros, o que resultou un impacto económico de 40 milóns de euros
Este sábado, A Coruña atópase cunha dobre escala no seu porto coa chegada simultánea de dous cruceiros moi distintos. No peirao de Trasatlánticos conviven o luxo clásico do Sapphire Princess e a vangarda do Greg Mortimer, un buque de expedición que é todo un referente técnico.
É a primeira vez que o Greg Mortimer fai parada na Coruña. Adoita realizar rutas por augas árticas e antárticas, mais nesta ocasión elixiu o porto herculino para facer escala. A bordo do buque encóntranse 115 pasaxeiros e 8 expedicionistas. O traballador do Greg Mortier, Juan Carlos, informor de que a maioría dos tripulantes son americanos e deseguido australianos.
Aos viaxeiros do Mortimer únenselle esta fin de semana os do Saphire Princess, outro concepto de cruceiro do que dan conta as súas cifras: un milleiro de tripulantes e 2.600 pasaxeiros con curiosidade por coñecer algo máis do noso país, como a historia, a comida...
A cidade da Coruña agradece estes cruceiros que moven a economía local. Os sectores máis beneficiados deste turismo que vai a máis, son a hostalería e o comercio.
O xerente do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, Antón Álvarez, declarou que o as cifras obtidas o ano pasado reflictiron un crecemento sen parangón, case chegando ao medio millón de cruceiristas.
E que o ano 2025 foi un ano de récor no que a turismo se refire na cidade de Coruña, porque este medio millon de pasaxeiros deixou na cidade un impacto económico de 40 milóns de euros, unhas cifras que esperan polo menos manter neste 2026.