Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia impulsa na China as enerxías renovables

Galicia impulsa na China as enerxías renovables

Alfonso Rueda reuniuse no país asiático cun dos principais proveedores de turbinas do mundo e ofreceulle a nosa comunidade como lugar para implantarse en Europa

O presidente da Xunta tamén promocionou os atractivos de Galicia ante empresarios do sector turístico

G24.gal 24/04/2026 19:15

A sede da multinacional Goldwind foi unha das paradas de Alfonso Rueda na China. Alí, o presidente da Xunta presentou Galicia como un socio estratéxico que reúne as características para a implantación da compañía chinesa en Europa. 

 Rueda, que estivo acompañado da conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, subliñou que Galicia é a terceira rexión de España en produción eólica, contando a día de hoxe con máis de 4.000 megawatts instalados, 200 parques en funcionamento e unha xeración que supón o 38,4% da electricidade producida na comunidade.

Con vistas a unha posible colaboración, o presidente galego explicou o Plan de repotenciación da Xunta, que prevé actuar nos 25 parques de maior antigüidade para retirar 800 aeroxeradores e substituílos por modelos "máis eficientes", deixándoos nunha media de 120.

Con todo, defendeu que Galicia ofrece un ecosistema de "estabilidade política e seguridade xurídica" para os investidores. Neste sentido, referiuse a ferramentas como as Zonas de Aceleración de Proxectos ou a sociedade Recursos de Galicia (RDG), a través da cal o Goberno autonómico participa directamente na promoción e financiamento de proxectos enerxéticos.

Contactos co sector turístico

Rueda tamén mantivo contactos co sector turístico. Promocionou a comunidade como destino ante empresarios do sector coa vista posta no Ano Xacobeo: 

"Creo que hai moitas conexións entre o pobo galego e o chino, os valores, a tradición cultural, a identidade", asegurou.

O ano pasado chegaron a Santiago case 4.500 peregrinos chineses e na Xunta ven posibilidades de crecemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar