Últimas horas para inscribirse no Imserso e poder viaxar no que resta de temporada
Hoxe remata o prazo extraordinario para apuntarse ao Imserso
Os que xa están acreditados poden solicitar viaxes ata xuño
Hoxe remata o prazo extaordinario para acreditarse no Imserso e ter dereito a unha praza para viaxar.
"Se es xubilado ou tes 65 anos cumpridos podes optar a viaxes do Imserso, e hoxe remata ese prazo extraordinario para a tempada 25-26", explica Pedro Fole, director da axencia Nautalia Viaxes Santiago.
Quedan horas para inscribirse no rexistro, non para solicitar unha viaxe.
"A xente vén pensando que hoxe é o último día para reservar viaxe, pero non é así. Ti si estás dado de alta podes reservar viaxes sempre que haxa prazas, claro, ata uns días antes de cada saída e hai viaxes ata xuño", continúa.
Outra cousa é que queden vacantes. As primeiras en esgotarse son as opcións de sol, sobre todo as illas, Andalucía e o Levante.
"Fun a Valencia, Sevilla, Canarias, Tenerife, Lanzarote", apunta unha señora.
Para eses destinos agora mesmo non quedan prazas, pero pode xurdir algunha oportunidade por unha cancelación.
"Se hai xente anotada xa para a lista de espera para esa saída concreta pois automaticamente pasa esa viaxe a esa persoa que está en lista de agarda, pero senón vólvense poñer á venda, entón que a xente non se desanime", puntualiza Pedro Fole.
Para os que xa se acreditaron algunha vez, aínda que nunca viaxaran, a renovación é automática e non teñen que volver inscribirse.
"Para esta vez creo que imos deixalo así, a ver se para a próxima, intentaremos", conclúe un señor.