Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen un criminal coa axuda de cans, drons e robots: exhibición da Garda Civil ante escolares

Deteñen un criminal coa axuda de cans, drons e robots: exhibición da Garda Civil ante escolares

Despregaron medios e axentes das 21 especialidades do corpo

A Garda Civil amosa o seu traballo diante de 2.000 escolares de Bergantiños

G24.gal 21/10/2025 14:09

Máis aló das coñecidas patrullas de Tráfico ou seguridade cidadá, a Garda Civil ten moitas outras facetas. E todas elas se deron cita este martes no Colexio Otero Pedrayo da Laracha.

"Tentamos ir a sitios onde non é doado que a rapazada vexa especialidades como a policía xudicial, os mergulladores, as patrullas fiscais e de fronteiras, as unidades con cans ou o laboratorio de criminalística", explica Julio González, tenente coronel da Garda Civil na Coruña.

Os axentes máis peludos do corpo acapararon toda a atención da rapazada. Cans adestrados para o rescate de persoas ou a detección dos explosivos que despois desactivan os Tedax.

"Pretendemos que sexa moi interactivo, que pasen polos postos das diferentes especialidades e despois que vexan unha exhibición dinámica sobre como funcionan os cans ou como procedemos a deter un criminal perigoso, e se podemos colgaremos arneses para que vexan un rescate de montaña", engade o tenente.

Unha mañá de acción onde lograron deter un terrorista fuxitivo con axuda de cans, robots e drons. Toda unha despregadura de medios da que mesmo poderían saír futuras vocacións.

"Non é o meu soño, pero creo que estaría ben sobre todo pola parte de axudar á xente", di un rapaz.

"Si me gustaría, pero creo que hai estudar moito", engade outro.

A exhibición abrirase ao público en xeral no horario de tarde, onde todos os que se acheguen poderán facer unha achega solidaria de alimentos para Cáritas da Laracha.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade