De oficio, panadeiro da Baixa Limia
José Antonio é un panadeiro de Celanova que ofrece servizo as aldeas de montaña da Baixa Limia
Enche a súa furgoneta de todo o necesario para dar servizo a uns clientes que xa o tratan como se fose da familia
Na panadería Xube de Celanova levan dende ben cedo traballando. Pero coas primeiras luces do día, José prepárase para realizar un repartimento moi especial. Necesita todo o día para chegar a unhas 40 aldeas de montaña.
Por diante ten preto de cen quilómetros. Por iso hai que encher moi ben esta furgoneta, non só de pan e empanadas. Pensos para os animais ou papelame tamén van con el.
Sirve a centos de persoas. Algunhas deles, como Ramón, son panadeiros xubilados con 54 anos na profesión.
"Cando me xubilei había días que estaba totalmente aburrido. É unha profesión moi bonita, pero a xente nova xa non se quere dedicar a isto".
José conduce centos de quilómetros ao día máis pola xente que polo negocio. Di que é algo máis sentimental que económico.
"Eles coñécenme a min e eu a eles. Eu xa sei o que necesitan e somos case como da familia".
Cando chega á casa sempre é recibido pola súa filla Aroa; ela sería a quinta xeración de panadeiros. Pero o futuro arestora para esta familia é incerto. Os seus pais están a punto de xubilarse e, como ben dicía José, non hai relevo xeracional para unha profesión milenaria.