Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía busca un home que atracou cunha pistola unha gasolineira de Vilagarcía

A Policía busca un home que atracou cunha pistola unha gasolineira de Vilagarcía

O home accedeu ao establecemento pola parte de atrás e levou a recadación que había nese momento, uns 400 euros

G24.gal 19/09/2025 10:17 Última actualización 19/09/2025 15:06

Axentes da Policía Nacional buscan un home que a primeira hora da mañá deste venres atracou unha gasolineira cunha pistola. Os feitos aconteceron sobre as 7:00 horas nunha estación de servizo de Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa. O home accedeu ao establecemento pola parte de atrás e levou a recadación que había nese momento.

Ata o lugar acudiron axentes da Policía Nacional e estiveron buscando polas inmediacións por se se atopaba no lugar. O empregado da estación de servizo non quedou ferido.

A vítima relatou que o atracador chegou xa encapuchado ás instalacións e ameazoulle coa arma -descoñécese aínda se real ou simulada- que levaba na man.

Era un home que vestía pantalón negro e cazadora marrón. Mide uns 1,80 metros. Tras intimidar ao traballador, o asaltante deuse á fuga co diñeiro que había na caixa, uns 400 euros.

A Policía Nacional xa visionou as cámaras de seguridade para tratar de identificar ao asaltante e rastrexou a zona en busca dalgunha testemuña.

En colaboración coa Policía Local, á que alertou o propio empregado da gasolineira tras a fuxida do atracador, activaron ademais un dispositivo de procura para dar co seu paradoiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade