Publicador de contidos

Publicador de contidos

Condenado en Ourense por agredir sexualmente da súa filla discapacitada

Condenado en Ourense por agredir sexualmente da súa filla discapacitada

A Audiencia Provincial de Ourense imponlle 15 anos de cárcere a un pai por agredir sexualmente, de forma continuada, a súa filla discapacitada cando tiña entre 10 e 11 anos e baixo chantaxes coa tableta

G24.gal 30/10/2025 12:48 Última actualización 30/10/2025 13:32

A Audiencia Provincial de Ourense condena a 15 anos de cárcere a un pai por agredir sexualmente, de forma continuada, a súa filla discapacitada cando tiña entre 10 e 11 anos e baixo chantaxes coa tableta. O tribunal explica na resolución facilitada este xoves á prensa que lle impón a pena na súa extensión máxima “ao ser o acusado merecedor do máximo reproche punitivo” porque atentou, “de maneira reiterada, contra a indemnidade sexual da súa filla discapacitada, utilizando ademais técnicas manipulativas, como a chantaxe coa tableta”.

Ademais condénao a cinco anos de liberdade vixiada e inhabilítao para o exercicio dos dereitos da patria potestade respecto da vítima durante dez anos e para calquera profesión, oficio ou actividades que impliquen contacto con menores durante 20 anos. O procesado tampouco poderá aproximarse e comunicarse coa súa filla durante 18 anos e deberá pagarlle unha indemnización de 15.000 euros.

A Sala sinala na sentenza que o sospeitoso admitiu os feitos, aínda que negou o acceso carnal. Con todo, os maxistrados estiman acreditado, tras valorar o conxunto das probas testificais e periciais, que non só someteu á súa filla a tocamentos de índole sexual, senón tamén, en varias ocasións, “a acceso carnal por vía anal”.

Os feitos sucederon, segundo consta no ditame, no domicilio familiar, desde o verán de 2023 e ata o mes de xuño de 2024, cando a nai da menor decatouse do que sucedía. O tribunal destaca que o acusado se aproveitou, ademais da discapacidade da súa filla, “da súa condición de proxenitor da menor e da relación de convivencia”. A sentenza non é firme, pois cabe presentar recurso ante o TSXG.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade