Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Fiscalía ve "probas convincentes" contra o acusado do asasinato de Coia, en Vigo

A Fiscalía ve "probas convincentes" contra o acusado do asasinato de Coia, en Vigo

O acusado sufríu unha indisposición e tivo que ser derivado ao hospital e un membro do xurado coñecíao e decatouse en sala

O Ministerio Público considera que concorre a atenuante analóxica de alteración psíquica e por iso solicita 19 anos e 11 meses polo delito de asasinato e 1 ano e 11 meses polo de tenencia ilícita de armas

G24.gal 27/10/2025 12:28 Última actualización 27/10/2025 14:36

A Fiscalía ve "probas convincentes" contra José Luis M., o home que se enfronta a 21 anos e 10 meses de prisión por, presuntamente, asasinar outro a tiros en plena rúa no barrio de Coia, en Vigo, a noite do 6 de abril de 2024. Así llo trasladou ao xurado este luns na primeira xornada deste xuízo que se celebra na Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo.

Segundo a Fiscalía, o procesado atacou a vítima, Francisco Javier, cunha escopeta cando este espreitaba a súa vivenda, da que saíu armado. Foi un ataque "por sorpresa" e sen que o morto "tivese tempo a defenderse". Por iso atribúelle un delito de asasinato con aleivosía e outro de tenza ilícita de armas.

O Ministerio Público considera que concorre a atenuante analóxica de alteración psíquica e por iso solicita 19 anos e 11 meses polo delito de asasinato e 1 ano e 11 meses polo de tenencia ilícita de armas. Para a fiscal, "as probas son claras, convincentes e concluíntes" contra o acusado, que "sabía o que facía, sabía distinguir entre o ben e o mal e era capaz de tomar" a decisión que adoptou: matar a Francisco Javier, co que tivera rifas previas.

Segundo o Ministerio Público, o acusado "nin tivo medo, nin foi atacado" pola vítima. A acusación particular pide 22 anos polo asasinato con aleivosía, 15 anos no caso de que se determine que foi un homicidio, e outro ano e medio por tenencia ilícita de armas. A defensa solicita a libre absolución ao entender que o seu patrocinado actuou en lexítima defensa ante unha situación de medo insuperable, o que lle tiña ao morto.

No caso de que o consideren culpable, a defensa require que sexa por un delito de homicidio e non por asasinato e que se lle apliquen as circunstancias modificativas de medo insuperable, drogadicción e confesión. Segundo a súa versión, o acusado viu a vítima na rúa armado cun coitelo e unha barra de ferro, así que entrou na súa casa, colleu a escopeta e, ante a actitude ameazante de Francisco Javier, efectuou un primeiro disparo disuasorio e, posteriormente, cando a vítima estaba no limiar da porta, realizou o segundo disparo, mortal.

En concepto de responsabilidade civil, o fiscal solicita que o acusado, que está en prisión provisional desde o 8 de abril de 2024, indemnice con 373.900 euros aos familiares da vítima (os seus pais, as súas dúas irmás e os seus dous fillos), así como cubrir os gastos de enterro e funeral.

A sesión estivo marcada de incidentes comezando porque un dos integrantes do xurado se decatou de que coñecía ao acusado tras iniciarse o xuízo e o detido  argumentou que se atopaba mal e  tivo que ser derivado ao hospital. A previsión é que o xuízo se retome ás catro e media da tarde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade