Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cegamento solar ao volante, un risco silencioso nas estradas

Cegamento solar ao volante, un risco silencioso nas estradas

O cegamento solar reduce a visibilidade ata nun 90 %

G24.gal 27/10/2025 14:23

Conducir baixo o sol pode parecer agradable, pero, cando a luz incide directamente nos ollos, a estrada convértese nun lugar moito máis perigoso do que pensamos. 

Segundo a DXT, o cegamento está presente en ata un 5 por cento dos accidentes con vítimas. En Galicia, os meses de outono e inverno son especialmente críticos.

"A pupila non se adapta ao cambio de luz e son momento que imos cegos conducindo", comenta a profesora dunha autoescola que tamén di que independentemente da idade, a prevención é a mellor forma de protexernos.

Reducir a velocidade, protexerse cos parasois e as lentes e aumentar a distancia de seguridade, para ter marxe en caso de facer unha freada e non colidir co vehículo que levamos diante son algunhas das recomendacións. Porque na estrada cada segundo conta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar