Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un coruñés "cazador de eclipses" gozará da décima na casa

Un coruñés "cazador de eclipses" gozará da décima na casa

Divulgador astronómico e fotógrafo, leva percorrido o mundo para ver eclipses de sol e xa leva nove

G24.gal 22/02/2026 14:07

Afeccionado desde neno á astronomía, Óscar Blanco estuda hoxe os astros de xeito profesional. Atráenlle as eclipses e viaxa polo mundo para fotografalas. Leva nove. A décima será desde a súa casa, na Coruña, este 12 de agosto.

"É un momento moi intenso. Non se fai noite pechada é unha especie de crepúsculo estrano, empézanse a ver un par de estrelas como moito e algúns planetas. Sintes que estás baixo a sombra da lúa, é algo curto, o efecto durará un minuto ou algo máis dependendo da zona pero é un momento moi intenso. Levo moitas polo mundo e penso que paga moito a pena", conta Óscar Blanco, astrofotógrafo, divulgador e cazador de eclipses.

E en que zonas de Galicia se vai ver mellor? Segundo Óscar, canto máis ao norte.
 

"Sobre todo a franxa máis ao norte da provincia da Coruña, case toda a provincia de Lugo e un anaquiño da parte máis oriental e norte da provincia de Ourense é onde se pode ver total. Falando de cidades, Ferrol, Lugo e na Coruña será total mentres que nas outras catro grandes cidades o sol estará moi tapado pero non chegará a ser total. E a diferenza é moi importante e penso que paga a pena que a xente se desprace á zona de totalidade", explica Óscar Blanco, astrofotógrafo, divulgador e cazador de eclipses.

Para a maior parte da xente, o do 12 de agosto será a primeira eclipse total de sol na súa vida, unha ocasión única.
 

"Moita xente terá visto eclipses parciais e terá usado este tipo de lentes pero, no momento da totalidade, nese intre en que o sol está totalmente tapado pola lúa, isto non fai falta, hai que quitalo para poder gozar deste fenómeno na súa totalidade. Con sentido común, evidentemente, se miramos ao sol  durante a eclipse e aínda non está tapado debemos usar isto pero cando sexa a totalidade non", aconsella Óscar Blanco, astrofotógrafo, divulgador e cazador de eclipses.

A anterior eclipse total de sol na península ibérica foi hai máis de cen anos e durou un segundo. Despois do de agosto, a seguinte será visible na zona da Mariña pero haberá que agardar máis de 150 anos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade