Publicador de contidos

Publicador de contidos

Restaurantes da Coruña, case completos ante a expectación pola eclipse

Restaurantes da Coruña, case completos ante a expectación pola eclipse

Os hostaleiros prepáranse para que o 12 de agosto a ciencia e a gastronomía vaian da man

G24.gal 30/03/2026 14:08

Grazas á súa situación xeográfica no noroeste peninsular e os seus amplos horizontes cara ao Atlántico, A Coruña destaca como un dos mellores destinos para gozar da eclipse. De aí que os restaurantes con terrazas, vistas despexadas ou localizacións privilexiadas coma as do Monte de Pedro, hai meses que xa non admiten máis reservas.

"Pois igual hai xa tres ou catro meses que o temos todo cheo. A verdade é que é curioso. Nós estamos encantados de que a xente chame con tanta antelación para un día tan especial. Aquí, tanto a Taberna 5 Mares como Árbore da Veira, a tope", explica Iria Espinosa, propietaria dos dous restaurantes.

Tamén con moitas reservas os restaurantes do centro da cidade, porque ese día o porto acollerá un quíntupla escala de cruceiros.

"Nós temos tres grupos de 45 persoas que veñen nos barcos e que veñen a pasar o día pola eclipse. E aquí xa estamos preparados porque vai ser un día moi moi especial. Vai ser como o día do apagón, pero por causas naturais", di Pablo Gallego, propietario do restaurante Pablo Gallego. 

Pablo Gallego é un dos restaurantes da Coruña que pecha os mércores por descanso, porén o 12 de agosto fará unha excepción.

Saben que vai ser un día especial e único, polo que moitos hostaleiros xa planean actividades especiais e mesmo algunha sorpresa para que a experiencia sexa especialmente atractiva.

"Como é un día tan especial, ao mellor temos algunha sorpresa e montamos algún sarao a maiores. Pero iso xa o iremos contando e vai depender de se o tempo acompaña", engade Espinosa.

 "Aquí temos unha sorpresa: para a xente que veña ese día, ou os días anteriores tamén, imos regalarlles uns lentes para poder ver o eclipse sen que danen os ollos", comenta Gallego.

"E oxalá houbese máis. Está claro! Oxalá pasase isto unha vez ao ano!", conclúe Iria Espinosa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade