Moita afluencia de peregrinos e turistas nas festas da Ascensión, que se deixa notar no sector hostaleiro
Moita afluencia de peregrinos e turistas nas festas da Ascensión, que se deixa notar no sector hostaleiro
Esta celebración mantén esta fin de semana unha ampla oferta de interesantes actividades e sobre todo de moita troula
Grupos de baile tradicional e agrupacións folclóricas como Brincadeira, Cantigas e Agarimos, Ultreia e Colexiata do Sar volveron levar a súa música e baile polas prazas da zona histórica
"Mellor foi vir para as festas da Ascensión. En Madrid son as festas de San Isidro, pero aínda así viñemos ás da Ascensión e moi ben". "Cambiamos unhas festas por outras", din unhas turistas madrileñas.
As Festas da Ascensión continúan esta fin de semana en Santiago cargadas de propostas para seguir gozando desta celebración.
Grupos de baile tradicional e agrupacións folclóricas como Brincadeira, Cantigas e Agarimos, Ultreia e Colexiata do Sar volveron levar este sábado a súa música e baile polas prazas da zona histórica de Santiago.
"A noite pasada soubemos que había festa, o ComposFest, e hoxe daremos unha volta para ver o que hai"
"Está Santiago cheo de turistas, de peregrinos e os traxes folclóricos son preciosos"
"Creo que hai algo de festexos pola noite e demais. Está bastante concorrida a zona e desfrutando do paseo"
"A nora é moi chula é como a de Londres, pero en Santiago", din algúns visitantes.
A Ascensión é unha festa popular, ben arraigada en Santiago. A importante afluencia de peregrinos e turistas déixase notar no sector hostaleiro compostelán.
"A nosa sorte é que os alemáns xa chegaron a vir, os peregrinos e os estadounidenses que nos están salvando", destaca Julio Fraga Landeira, hostaleiro.
"Hai como tres semanas que os peregrinos xa comezaron a vir, pero na Ascensión un desfase", engade Luis Pérez, encargado dun establecemento de hostalería.
"Subiu moito o traballo e hai moita máis xente. Temos moito turista estranxeiro", di Gabriela Bernal, empregada nun establecemento de hostalería.
E aínda que por momentos a chuvia acompaña, a festa non decae. Moitos visitantes seguen esta fin de semana na procura de troula.