Cargando resultados...
Máis de setenta adegas en covas, o segredo mellor gardado de Larouco
G24.gal
09/05/2026 15:30
Última actualización 09/05/2026 18:30
As covas e adegas de Seadur, no concello ourensán de Larouco, foron declaradas recentemente Ben de interese Cultural. Son máis de setenta, todas diferentes e situadas unha a carón doutra nunha rúa de apenas un quilómetro.
A súa singulariedade radica en que todas elas foron construídas a man hai décadas, escavadas na rocha. Hai xa vinte anos decidiron recuperalas e dalas a coñecer nunha festa que cada ano congrega centos de persoas de toda Galicia.