Rueda participa nas festas da Ascensión e degusta o polbo nas casetas
Pontón e Besteiro tamén quixeron pasar unha horas polo corazón das festas da capital galega
O líder do PPdeG celebrou as festas da Ascensión. Alfonso Rueda percorreu os postos da Alameda e mesmo se animou a xogar nalgún deles acompañado por Paula Prado, Borja Verea e outros membros do Partido Popular. Deseguido degustaron o polbo nas tradicionais casetas.
Rueda animou a todo o mundo a manter tradicións coma a das festas compostelás.
Os líderes dos partidos da oposición tampouco quixeron perder o día da Ascensión. José Ramón Gómez Besteiro acudiu un ano máis á Alameda, e, coma sempre, visitou as atracións para logo degustar o polbo xunto a membros do PSdeG como Pedro Blanco, delegado do Goberno en Galicia.
Tamén se deixou ver pola Alameda e polas casetas do polbo a voceira nacoinal do BNG, que estivo acompañada pola alcaldesa da cidade, Goretti Sanmartín.