Publicador de contidos

Publicador de contidos

En liberdade o presidente do club de rugby de Biscaia tras a súa detención por estafa

En liberdade o presidente do club de rugby de Biscaia tras a súa detención por estafa

O responsable do club deportivo fora detido este venres por un presunto delito de estafa e administración desleal

Os afectados presentaron 132 denuncias e calcularon que aínda quedan por cobrar 286 participaciónsda lotería do Nadal 

Detido o presidente dun club de rugby de Biscaia por non pagar 2,7 millóns en lotería premiada

G24.gal 16/05/2026 14:49

O presidente do equipo Arratiko Zekorrak Rugby Taldea de Igorre (Biscaia), detido este venres tras recibir 132 denuncias pola falta de pagamento de participacións premiadas da Lotería de Nadal repartidas polo club, quedou en liberdade provisional tras prestar declaración ante o xuíz.

O arresto do responsable do club deportivo, de 53 anos, produciuse na tarde deste venres en Durango pola súa presunta relación con feitos que poden constituír delitos de estafa e administración desleal.

Tras pasar este sábado ao dispor do xuíz, en funcións de garda, acordou a liberdade provisoria e sen fianza do arrestado, coa obrigación de comparecer no xulgado cantas veces sexa chamado, segundo informaron fontes xudiciais.

O club de rugby, fundado en 1990 e que compite na segunda división da liga vasca, adquiriu un total de 285 décimos do número 90.693, que resultou agraciado co terceiro premio da Lotería de Nadal, e vendeu as participacións na súa maioría entre xogadores da entidade, veciños de Igorre e a outros clubs deportivos de Biscaia.

Ante o atraso no pago do premio, os propietarios de máis de dous centenares de boletos premiados agrupáronse a través de varias redes sociais.

Os afectados presentaron xa 132 denuncias e calcularon que aínda quedan por cobrar 286 participacións, o que supón 61 papeletas máis das que calculou a entidade deportiva e que elevarían a cantidade debida a máis de 2,7 millóns de euros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos