Cargando resultados...
Os coches que nunca pasan de moda
G24.gal
16/05/2026 15:30
Nestes tempos nos que algúns coches nin precisan condutor hoxe diriximos a mirada a aqueles modelos que pola contra levan décadas deixando a súa pegada nas estradas. Falamos dos coches clásicos, eses que teñen máis de trinta anos e un deseño que semella non pasar de moda. Os seus condutores son os encargados de conservar estas xoias da mecánica, toda unha lenda nas estradas.