Andalucía vota o 17 de maio
O PP intentará revalidar a maioría absoluta para non depender de Vox como noutras comunidades
O obxectivo do PSOE é non rebaixar o chan electoral que fixou hai catro anos en 30 escanos
Preto de sete millóns de andaluces están chamados ás urnas este 17 de maio, nunhas eleccións autonómicas con moitas claves a nivel nacional.
Coa vitoria practicamente asegurada, o candidato popular, Juanma Moreno Bonilla, intentará lograr os 55 escanos que lle garantan revalidar a maioría absoluta para gobernar, como nos últimos catro anos, sen depender de Vox.
Tras as experiencias de Aragón, Extremadura e Castela e León, os populares quere evitar outro pacto coa ultradereita, que asume o reto de quitarlles espazo.
O PSOE medirá a súa forza en Madrid a través da súa candidata en Andalucía. Os comicios supoñen o regreso de María Jesús Montero á política andaluza despois de oito anos, tras ser vicepresidenta do Goberno de España, man dereita de Pedro Sánchez e a única ministra que se mantivo con el en todas as lexislaturas. O obxectivo de Montero é non rebaixar o chan electoral que o PSOE andaluz estableceu hai catro anos en 30 escanos. Calquera resultado terá, con toda probabilidade, consecuencias a nivel nacional.
A outra clave dos comicios está no resto das esquerdas, que se presentan divididas en dúas papeletas. Adelante Andalucía, partido netamente andaluz. E Por Andalucía, a primeira proba de fogo da reconciliación entre Sumar e Podemos desde a súa ruptura. O seu resultado pode condicionar a estratexia da esquerda de cara ás eleccións xerais do ano que vén.