Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda pon o foco en sanidade e política social no ecuador da lexislatura

Rueda pon o foco en sanidade e política social no ecuador da lexislatura

O presidente da Xunta critica o papel da oposición en Galicia: "o non a todo combátese cun si rotundo"

G24.gal 16/05/2026 14:46

Alfonso Rueda dixo que máis do 85% do programa co que se presentou ás eleccións está cumprido e puxo como exemplo a educación.

"Prometemos que a universidade ía ser gratuíta para a xente que se esforzara e Galicia a día de hoxe é a única comunidade onde se pode estudiar gratuitamente dende a educación infantil ata a universidade".

Tamén destacou avances en sanidade, política social e vivenda: "dixemos 4.000 vivendas nunha lexislatura e están todas en marhca. Esperamos que a inmensa maioría podan ser fogares para 4 mil galegos antes de que remate a lexislatura".

Rueda criticou o papel da oposición en Galicia:  "O non a todo combátese cun si rotundo. S de sentidiño e I de impulso. O meu goberno ten claro e o Partido Popular de Galicia ten claro que nós temos que seguir cumprindo". 

No acto participaron todos os conselleiros do goberno, agás Diego Calvo que está de viaxe institucional.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos