Publicador de contidos

Publicador de contidos

O alcalde de Vilagarcía denuncia unha agresión por motivos ideolóxicos

O alcalde de Vilagarcía denuncia unha agresión por motivos ideolóxicos

Varela explicou que un home encarouse ao grupo co que o rexedor se atopaba celebrando o aniversario dun amigo ao berro de "vermellos de merda!"

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 04/10/2026 17:53

O alcalde de Vilagarcía de Arousa e presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), o socialista Alberto Varela, denunciou que o sábado pasado sufriu unha violenta agresión na rúa ao berro de "vermellos de merda!".

Nunha mensaxe publicada este domingo nas súas redes sociais, Varela explicou que un home se encarou ao grupo co que o rexedor se atopaba celebrando o aniversario dun amigo, en Vilagarcía, ao berro de "vermellos de merda!".

"Quero agradecer ao grupo de persoas coas que estaba, que fixeron por separalo a pesar de que no intento recibiron golpes tamén, sen pensar sequera en devolvelos", escribiu.

O alcalde lamentou o sucedido polos presentes e en especial pola súa filla pequena, que estaba ao seu lado "e viu como un día de festa se convertía en algo distinto".

"Por ela, que hoxe segue preguntándome por que ese home quixo pegarnos a todos e eu aínda non sei que contarlle, sInto a especial obriga moral de reivindicar un mundo mellor e de manifestar a miña máis profunda repulsa aos violentos e aos impulsores do odio", sinalou.

Varela defendeu a "convivencia cívica" e dixo que "ningunha idea é tan importante como a que promove a comprensión e a empatía".

"Quero un futuro mellor para min, para a miña filla e tamén para o meu agresor", asegurou.

O PSdeG critica o insulto como "instrumento político"

O secretario xeral do PSdeG de Pontevedra, David Regades, censurou "de forma rotunda o ataque verbal e a agresión física" sufridos por Varela e asegurou que é "froito da radicalización do insulto como instrumento político que levamos escoitando tanto ao PP coma a Vox nos últimos meses".

"Non podemos seguir consistindo que a política se radicalice, que deixe de ser argumentación para ser insulto", defendeu Regades, que considerou que este tipo de feitos "non só deben ser condenados penalmente senón que ten que haber un rexeitamento social de forma absoluta". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade