Publicador de contidos

Publicador de contidos

O novo Sumar anunciará o 17 de outubro a súa cabeza de lista para as eleccións xerais

O novo Sumar anunciará o 17 de outubro a súa cabeza de lista para as eleccións xerais

As catro formacións de Sumar no Goberno tenden a man a Podemos para volver ir nunha gran coalición nas próximas eleccións xerais, nas que seguen sen ter cabeza de lista

Os cinco ministros de Sumar nunha rolda de prensa (EFE/ Borja Sanchez-Trillo) Os cinco ministros de Sumar nunha rolda de prensa (EFE/ Borja Sanchez-Trillo)
G24.gal 04/10/2026 16:21

Os catro partidos involucrados na refundación de Sumar (Movemento Sumar, EU, Más Madrid e os comúns) anunciarán o próximo 17 de outubro a folla de roteiro do seu novo proxecto político, co nome de Frente Amplio, incluíndo o seu candidato ou candidata para as eleccións xerais.

A decisión foi adoptada este domingo nunha reunión telemática na que participaron os cinco ministros de Sumar no Goberno de coalición co PSOE (Yolanda Díaz, Pablo Bustinduy, Ernest Urtasun, Mónica García e Sira Rego) xunto a outros líderes deste espazo político, segundo informaron nunha nota de prensa.

As catro formacións de Sumar no Goberno tenden a man a todos estes partidos e tamén a Podemos para volver ir nunha gran coalición nas próximas eleccións xerais, nas que seguen sen ter cabeza de lista.

Con todo, esta incógnita despexarase como tarde o próximo 17 de outubro, que é a data elixida para a presentación da nova coalición Sumar e da súa folla de ruta, baixo o nome de Frentre Amplio.

Nas quinielas sucedéronse nomes como os de Pablo Bustinduy, que o descartou en numerosas ocasións; Ernest Urtasun, que gaña forza como número un por Barcelona; ou o da exalcaldesa de Barcelona Ada Colau, despois de mostrarse recentemente disposta a volver á política institucional.

E subliñan que, convóquense eleccións ou non,  van seguir traballando para "facerse cargo das demandas da rúa e protexer a todas as persoas para quen a súa casa non é unha fonte de tranquilidade, senón de inseguridade".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade