Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSdeG leva ao Parlamento a súa proposta contra a violencia dixital

O PSdeG leva ao Parlamento a súa proposta contra a violencia dixital

O texto, segundo os socialistas, busca reforzar a protección das vítimas e acelerar a retirada de contidos das redes

Entre as medidas propostas está a creación dun servizo especializado para solicitar ás plataformas a retirada ou o bloqueo de contidos

A proposta inclúe situacións como a difusión de imaxes íntimas sen consentimento, a sextorsión ou os deepfakes creados con intelixencia artificial

 

G24.gal 26/09/2026 13:22

O PSdeG-PSOE confirmou este sábado o rexistro no Parlamento de Galicia da súa Proposición de lei contra a violencia dixital, sobre a que dixo que inclúe "40 artigos e perspectiva feminista, fronte aos 26 do proxecto de Rueda", e valorou que quen "ten que parar é o agresor, non a vítima".

A súa presidenta, Carmela Silva, estimou que o texto aposta por "medidas integrais contra o acoso e a violencia dixital" como unha "alternativa socialista ao proxecto que o Consello da Xunta aprobou en xullo".

"Parte dunha convicción, non basta con describir a violencia dixital, hai que previla, protexer as vítimas de inmediato, acompañalas e reparar o dano; o que pasa nas pantallas non queda nas pantallas, chega á saúde, á intimidade, ao diñeiro, aos estudos e ao traballo", recalcou o PSdeG-PSOE.

A parlamentaria Paloma Castro engadiu que o texto tamén insta a dotar os centros de atención a mulleres de "protocolos para detectar a tempo, abrir canles seguras e actuar con urxencia sen revitimizar", alén de dotar os concellos dos "medios económicos e técnicos necesarios e, cando cumpra, de persoal". 

O texto deberá superar agora o debate no Parlamento galego

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade