Cargando resultados...
Un motorista de 42 anos falece tras bater contra unha furgoneta en Sada
O accidente foi ao mediodía na estrada DP-0812, ao seu paso polo lugar de Samoedo
Os servizos de emerxencia no lugar dos feitos
G24.gal
16/05/2026 14:21
Última actualización 16/05/2026 15:05
Un motorista de 42 anos morreu este sábado ao bater contra unha furgoneta na estrada DP-0812, ao seu paso polo concello de Sada.
O accidente ocorreu pasadas as 12:00 horas no quilómetro 1, no lugar de Samoedo. Un familiar do condutor da furgoneta alertou o 112.
O equipo sanitario que se desprazou ata alí non puido facer nada por salvarlle a vida. O home, veciño deste concello, faleceu no acto.
No operativo participaron tamén axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, bombeiros de Betanzos e persoal de mantemento da vía.
O motorista, veciño de Sada, tiña 42 anos