Publicador de contidos

Publicador de contidos

A feira forestal de Galicia pecha en Sergude con máis de 9.000 visitantes

A feira forestal de Galicia pecha en Sergude con máis de 9.000 visitantes

Máis dun cento de expositores presentaron en Galiforest as últimas novidades no sector da madeira

O gañador do concurso de innovación foi un guindastre robotizado dunha empresa galega

G24.gal 04/07/2026 21:27 Última actualización 05/07/2026 11:32

Nin os 37 graos que acadaron en Sergude, no concello de Boqueixón, preto de Santiago de Compostela, o lugar onde se celebraba o Galiforest, evitaron que milleiros de persoas se achegaran para gozar por oitavo ano da feira do sector forestal de Galicia.

"Todos os 125 expositores directos a metade son de Galicia, pero a outra metade non o é, o que significa que esta feira é de referencia para toda España e cada vez máis de fóra, cun doce por cento de expositores internacionais. Conseguimos que Galicia sexa protagonista", expón Ricardo Durán, director xeral da Fundación Semana Verde de Galicia.

O evento que comezou o xoves pasado pero este sábado os visitantes tiñan postos os ollos no concurso de innovación, onde 18 proxectos competían pola solución máis innovadora no seu campo. E un guindastre robótico e intelixente dunha empresa de Vila de Cruces gañou o premio.

"O que quixemos foi simplificar o guindastre e no canto de movelo eixo a eixo, coa súa complexidade, deseñamos un sistema que o mova dun xeito máis sinxelo", comenta Víctor Pinto, director xeral de Industrias Guerra (Vila de Cruces) sobre a máquina que presentaron e coa que gañaron o galardón.

Tamén recibiron mencións especiais un procesador de madeira automatizado, un proxecto  de aproveitamento de codia de eucalipto e mesmo un dedicado ao control informatizado da maquinaria.

"É  un control de frotas, simplificándoo. É un control sobre o condutor: canto tempo bota parado, canto arrincado e canto bota traballando", describe Daniel Facorro da empresa Forest Pioneer.

Máis dun cento de expositores de oito países, a metade deles procedentes de Galicia, e unhas duascentas demostracións de maquinaria fixeron as delicias dos visitantes. Galiforest pecha as súas portas cun futuro do sector forestal marcado pola innovación, a automatización e o medio ambiente de cara aos os vindeiros anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade