Publicador de contidos

Publicador de contidos

Como se vive a vaga de calor nas aldeas

Como se vive a vaga de calor nas aldeas

Aínda que lonxe do asfalto se levan mellor as altas temperaturas, cos termómetros por riba dos 40 graos as rúas quedan desertas e a xente refúxiase en bares, casas ou piscinas

Un veciño de Alongos refresca o seu can
G24.gal 04/07/2026 21:13

Só o balbordo dos que botan a partida no bar rompe o silencio que se impón nas rúas de Mugares, en Toén, nas tardes de calor. Tras as fiestras pechadas, a vida continúa a espera dun pouco de fresco que permita abandoar as casas.

Vivendas, moitas delas de pedra, que aguantan mellor as altas temperaturas e que se converten no mellor refuxio. Pero non todos poden quedar no interior.

Fina, veciña de Alongo, ten que saír para botarlle auga fresca cada pouco ás súas pitas, patos e ocas. Tamén cans ou gatos precisan de maior atención.

Outros saen atraídos polo alivio das piscinas. É o caso dos veciños de Puga, tamén en Toén, que contan cunha construída polo propio pobo.

Un pequeno oasis para sobrelevar a calor cando os termómetros soben dos 40 graos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade