Publicador de contidos

Publicador de contidos

Santiago celebra un día da Ascensión que, segundo o refraneiro, anticipa o tempo que fará toda a primavera

Santiago celebra un día da Ascensión que, segundo o refraneiro, anticipa o tempo que fará toda a primavera

A feira cabalar e as exhibicións de doma  seguen sendo un dos emblemas da festa

G24.gal 14/05/2026 17:07

Santiago celebra o día da Ascensión. O seu día grande. composteláns, turistas e peregrinos mestúranse na cidade, neste día marcado en vermello no calendario dos santiagueses.

Os composteláns consideran a Ascensión a súa verdadeira festa, tanto a nivel local coma comarcal.

O programa festivo é un clásico: barracas, campionatos de chave, verbenas, desfile de cabezudos, concertos... Case todo isto discorre entre a zona vella e a Alameda, e fai que por uns días na turística Compostela haxa máis ambiente local ca visitante.

En tempos, as barracas compatían espazo con outro dos eventos sinalados deste día grande da Ascensión, a feira cabalar.

Desde 1971, tanto a feira coma as exhibicións de doma celébranse no mercado de gando, pero seguen sendo un dos emblemas da festa.

O tempo que faga o día da Ascensión tamén serve para anticipar sol ou chuvia para toda a primavera.

"Se chove na Ascensión, 40 días de chuvia son", di o refrán.

Así que, ademais de celebrar a festa, os Santiagueses están cun ollo posto no ceo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos