Publicador de contidos

Publicador de contidos

O rei Xoán Carlos elixiu para xantar un restaurante de Meaño

O rei Xoán Carlos elixiu para xantar un restaurante de Meaño

Empanada de chocos, tortilla de patacas e mero á grellla, o rei elixiu as especialidades da casa repetindo a filloa

A reserva estaba feita dende había unha semana pero ata dous días antes non sabían que se trataba do rei

O restaurante é un vello muíño do século XVIII restaurado na década dos 80´
G24.gal 14/05/2026 15:19

O rei Xoán Carlos regresa a Galicia xusto un mes despois da súa última visita . Chegou onte ao mediodía, a Vigo, nun avión privado onde xa o estaba agardando o seu amigo Pedro Campos para levalo directamente a comer.

"El pisou antes Meaño que Sanxenxo", comenta Antonio Domínguez, responsable de sala do Muíño da Chanca

E é que desta volta houbo cambio de guión e non pasou pola casa do seu anfitrón nada máis chegar. O restaurante O Muíño da Chanca, situado na parroquia de Dena, en Meaño, foi o elixido, para sorpresa dos seus propietarios. 

" Cando tomamos nota da reserva, unha mesa para oito, pois era unha reserva máis pero despois no momento que che din é o rei emérito pois lóxicamente tes que poñerte as pilas e intentar non fallar", conta Antonio

Mesturados entre a clientela, escolleron esta mesa por ser a máis accesible dende o exterior. Foi un cliente máis.

"A intención del era iso tamén pasar como un cliente máis", relata Jacobo Domínguez, cociñeiro do Muíño da Chanca

Elixiu as especialidades da casa, regadas cun albariño das Rías Baixas.

 "Fixemos unha tortilla de patacas, a empanada de chocos é un peixe á grella", apunta Antonio

E comeu coma un rei.

"Felicitóunos pola sobremesa, polas filloas que foi unha das cousas que máis lle gustou e que mesmo repetiu", recorda o cociñeiro

Era a primeira vez que recibían o rei en Meaño, e notaron a presión.

"Nós procuramos atender ben a todo o mundo loxicamente pero parece que a presión pois si que se nota pero vaia, unha vez que entrou e todo xa como unha persoa máis", conclúe Jacobo

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar