Publicador de contidos

Publicador de contidos

O consumo mínimo obrigatorio entra a debate na hostalería

O consumo mínimo obrigatorio entra a debate na hostalería

En grandes cidades e lugares turísticos algúns hostaleiros establecen un consumo mínimo obrigatoiro

As asociacións de consumidores aseguran que non é un cargo ilegal sempre que se informe previamente ao cliente

En Galicia, agás casos puntuais, o sector aposta por apelar ao civismo e ao sentido común dos usuarios

G24.gal 09/05/2026 14:59

Se antes foi o debate sobre cobrar por reservar mesa nun restaurante, a última polémica na hostalería vai sobre aqueles clientes que pasan moito tempo sen consumir ou facendo consumos mínimos,  mentres ocupan o lugar doutros usuarios presumiblemente máis rendibles. Por iso, sobre todo nas zonas máis turísticas, estase a falar de establecer en bares e restaurantes un consumo mínimo obrigatorio para sentar a tomar algo.

"Véxoo lóxico que se cobre, mais con moderación, por suposto", aseguran algún dos usuarios interpelados.

Esta idea de pagar un mínimo obrigatorio por desfrutar dunha consumición nunha terraza, xa se aplica en cidades como Madrid ou Barcelona, especialmente en locais onde conseguir un sitio libre é complicado pola alta demanda. Dende as asociacións de consumidores aseguran que o cargo non sería ilegal sempre que non sexa abusivo e se informe previamente ao cliente.

"O empresario pode establecer os prezos que estime oportunos e as condicións, incluída unha consumición mínima. Só hai unha condición fundamental: que se informe previamente e de xeito claro ao consumidor sobre esta circunstancia", aclara Enrique García, voceiro da Organización de consumidores e usuarios (OCU).

En Galicia, polo momento, a aplicación deste cargo é e residual e os restauradores e hostaleiros prefiren apelar ao civismo e complicidade dos clientes.

"Se o local está baleiro, queda cinco horas, pero se ves que hai moita demanda pensa no outro, que quizais quere sentar", explica a hostaleira compostelá, Jimena Sodorini.

"É que non imos ir á mesa e dicirche que che imos cobrar tanto por estar aí. Temos que traballar un pouco como un equipo, hostaleiro e cliente", mantén Ana García, que rexenta un establecemento.

Debates similares xa aconteceron co cobro anticipado das reservas ou cos cargos diferenciados en exteriores ou interior do local. En todo caso o usuario é o que ten a última palabra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade