Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os novos métodos de pagamento diminúen drasticamente as propinas

Os novos métodos de pagamento diminúen drasticamente as propinas

As propinas diminuíron un 40 % nalgúns establecementos

G24.gal 06/05/2026 21:23 Última actualización 06/05/2026 23:30

Desde a pandemia os pagos con tarxeta e medios dixitais medraron exponencialemnte. Isto implicou un importante descenso nas propinas; nalgúns establecementos de Vigo calculan que perderon o 40 % destas gartificacións que aínda se poden facer en metálico e coa propia tarxeta. E isto malia que o cliente internacional cada vez máis presente nas nosas cidades está moi afeito a facelas.

Os botes  das propinas cada vez están máis baleiros e se os hai e a causa parece estar bastante clara: a presenza dos métodos telemáticos de pago.

Quen quere deixar propina a deixa, pode achegar un eruro físico ou incrementar a cifra do datáfono. Perdéronse todas aquelas que daba vergonza recoller. Nos lugares frecuentados por estranxeiros que teñen moi inculcado este costume a cifra de propinas é sensiblemente superior.

É o caso desta moza húngara que di que que sempre deixa propina porque valora o servizo que lle dan. A ausencia absoluta de efectivo nos petos de moita xente fai que fai que cada vez deixemos menos propinas. A propina é un xesto de agradecemento para eses profesionais que nos atenden rápido, ben, coñecen os nosos gustos e que tanta paciencia teñen con cativos, maiores e clientes complicados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar