Publicador de contidos

Publicador de contidos

A ocupación hostaleira en Galicia achégase ao 70% na ponte de maio

A ocupación hostaleira en Galicia achégase ao 70% na ponte de maio

Entre os destinos máis demandados están as cidades, a Ribeira Sacra e a Costa da Morte

O sector espera xa a temoprada estival con moi boas expectativas

G24.gal 03/05/2026 15:01 Última actualización 03/05/2026 15:28

Este é o último día de descanso para moitos nesta ponte de maio, algúns aproveitan aínda o domingo e moitos xa están pensando no regreso. A grande afluencia de turistas e visitantes deixouse sentir en toda Galicia.

"Estivemos en Pontevedra, despois fomos a Vigo, viñemos a Santiago. Estivemos probando o polbo e as vieiras"

"Hai moitísmo ambiente, hoxe é domingoestá cheo de peregrinos e de xente, fabuloso", din algúns turistas.

A ocupación media nesta ponte de maio nos establecementos hoteleiros estivo entre o 65 e o 70%.

"En canto a destinos, sobre todo de interior, a Ribeira Sacra sempre ten un tirón moi especial. Está á portas de ser declarada Patrimonio da Humanidade, a ver se temos sorte con esa candidatura, outras zonas como A Coruña, Santiago, Pontevedra tamén tiveron éxito en canto a turistas se refire e despois a mariña lucense e a costa da morte", destaca Ceráseo Pardal, presidente do Clúster de Turismo de Galicia.

O turismo de escapada cosolídase. A estadía compleméntana con visitas ás cidades, con rutas na natureza ou paseos pola costa.

"Vimos de Valencia a pasar oito días".

"Tiña moita curiosidade por facer o traxecto entre a zona de Vigo, Sanatiago de Compostela e A Coruña", destacan outros visitantes.

"Sobre todo houbo moito turismo da propia comunidade e da comunidade de Madrid e turismo que está a dúas ou tres horas en coche", engadiu Cesáreo Pardal.

O sector espera xa a temporada estival con moi boas expectativas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade