Publicador de contidos

Publicador de contidos

Queixas dos comerciantes de Cangas porque os rapaces usan as súas portas como porterías

Queixas dos comerciantes de Cangas porque os rapaces usan as súas portas como porterías

O que máis molesta aos donos dos establecementos do centro é que hai unha gran pista polideportiva a escasos metros

TVG TVG
G24.gal 14/05/2026 16:53

Comerciantes do centro de Cangas quéixanse de que os rapaces usan as portas das súas tendas como porterías de fútbol.

A Praza de Méndez Núñez e a do Eirado do Sinal, con varias terrazas, son das máis acolledoras do municipio, pero os seus comerciantes e tamén hostaleiros tremen os días de bo tempo e cando os rapaces saen dos colexios.

Unha ducia de rapaces de preto de dez anos adoita xogar ao fútbol empregando as portas dos establecementos como porterías.

Os comerciantes están moi molestos:

"Eran sobre as 10 da noite e a persiana da tenda estaba baixa e había unha nena que estaba de porteira. Entó díxenlle que marchara de aquí, fóra todo o mundo e marcharon todos, pero era un grupo moi grande".

"Calquera día en verán cando fai bo tempo tes que ter a porta pechada porque as nosas paredes son porterías. Non estamos falando de nenos de 7 e 8 anos, que tamén, hainos de 12 e estamos fartos".

"Estamos un pouco fartos. Isto é un chamamento aos pais, para que poñan da súa parte porque así nós non podemos traballar".

Nalgunhas ocasións producen danos e mesmo golpean persoas.

"Xa fixemos varios escritos poque incluso unha vez a unha clienta dun bar que tiña unha copa na mán lle deron un balonazo".

O que máis alporiza a estes comerciantes é que hai unha gran pista polideportiva a escasos metros, pero alí non hai cafeterías, por iso chegaron a pensar en pedirlle ao Concello de Cangas que prohiba e multe por xogar á pelota ou que promova unha zona de terrazas ao carón da pista.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade