Cargando resultados...
As tendas de barrio perduran como negocio de proximidade e punto de encontro da veciñanza
A falta de remuda xeracional e a competencia das cadeas de supermercados provocan a desaparición das tradicionais tendas de barrio, aínda que algunhas resisten incluso dentro das propias cidades
G24.gal
25/04/2026 15:30
Cada vez quedan menos, ben por falta de remuda ou porque as cadeas de supermercados supoñen unha competencia contra a que lles é difícil loitar, pero aínda perduran as tradicionais tendas de barrio.
Son negocios familiares, onde podemos atopar, moi preto da casa, aqueles produtos básicos para a vida cotiá. Pero cumpren tamén unha función social, xa que en moitos casos constitúen puntos de encontro entre os veciños que doutro xeito apenas se verían.