Publicador de contidos

Publicador de contidos

A espera media para operarse en Galicia é de 73 días, por debaixo da estatal que se sitúa nos 122

A espera media para operarse en Galicia é de 73 días, por debaixo da estatal que se sitúa nos 122

A comunidade galega ocupa o terceiro lugar en tempo de espera, detrás de Madrid e País Vasco 

Máis de 850.000 persoas estaban en lista de agarda en España, en decembro de 2025, para someterse a unha interveción cirúrxica

Europa Press (Arquivo) Europa Press (Arquivo)
G24.gal 24/09/2026 19:49

Na comunidade galega a media de espera para operarse na sanidade pública é de 73 días, segundo revela o último informe actualizado sobre a situación das listas de agarda no Sistema Nacional de Saúde publicado este mércores polo Ministerio de Sanidade.

É unha cifra que está por debaixo das 122 xornadas da media estatal, practicamente idéntica á do ano anterior, aínda que a demora para operarse reduciuse en catro días.

Madrid, con 50 días, e País Vasco, con 64, son as comunidades con menor tempo de espera para someterse a unha intervención cirúrxica, seguidas de Galicia, que ocupa o terceiro lugar. Por detrás sitúanse Aragón, onde os pacientes teñen que agardar 135 días; Cataluña 142 e Andalucía, onde a cifra se disparou aos 173. 

En total, en España había 853.740 persoas en espera para operarse en 2025, un 0,84% máis que en 2024

As especialidades máis colapsadas en 2025 foron Cirurxía Plástica, con 268 días, seguida de Neurocirugía (172) e Otorrinolaringoloxía (142); por tipo de intervención, a operación de juanetes (146) e a extirpación de amígdalas (129) foron as que máis carga soportaron.

Pola contra, Dermatoloxía (64 días) e Cirurxía Cardíaca (88) foron as máis desconxestionadas.

En Galicia, o 5,7% dos pacientes esperan máis de 6 meses 

Do total de pacientes en espera, 184.748 deles agardaron máis de seis meses para a súa intervención, que supoñen o 21,6% do total, 1,3 puntos menos que o ano pasado.

No entanto, esa porcentaxe supérase amplamente en Andalucía (32,2%); Cataluña (32%) ou Cantabria (26,2%). Pola contra, en Madrid foi de apenas o 0,8%, no País Vasco, do 2,3% e en Galicia, do 5,7%.

Mentres, a demora media en España para a consulta co especialista tamén baixou de 105 a 102 días, aínda que aumentou lixeiramente a taxa de pacientes en espera: ao 31 de decembro de 2025, 84,42 de cada 1.000 persoas estaban a agardar a súa cita en atención especializada hospitalaria, 1,2 puntos máis que en 2024. O 61,3% tivo que esperar máis de 60 días.

Por comunidades, onde máis esperaron o especialista foi en Canarias (162 días); Navarra (152); Aragón (138) e Andalucía (136); no lado oposto, na Rioxa agardaron 32, en País Vasco, 49 e en Cantabria, 61.

Neste caso, os pacientes de Traumatoloxía, con 132 días de espera, e Dermatoloxía, con 127, foron os máis afectados pola demora, e os de Cirurxía Xeral, cunha media de 61 días, Xinecoloxía (64) e Cardioloxía (68), os que menos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade