Acepta 21 anos de prisión por asasinar a súa exparella en Palmeira
Admitiu que acoitelou a exparella cunha navalla ata matala: "Quero pedir perdón a familia de Andrea"
O xuízo do crime machista acontecido en Palmeira en 2024 ía comezar esta mañá na sede da Audiencia Provincial en Santiago, pero finalmente houbo acordo de conformidade das partes.
Jhull Principe aceptou unha pena de 21 anos e medio de prisión polos delitos de asasinato e de violencia habitual. Amais perde a patria potestade do fillo que se lle concede á avoa materna.
Diante da xuíza o home pediu perdón á familia e aceptou os feitos. Acudiu á casa da súa exparella, atacouna cunha navalla de máis de nove centímetros de folla e acoitelouna no pescozo, na cabeza e no peito varias veces ata matala.
A fiscalía solicitaba 25 anos de prisión e a acusación particular elevaba a petición de condena a 34 anos.