Publicador de contidos

Publicador de contidos

A cirurxía bariátrica, un "procedemento salvavidas" para os pacientes con obesidade mórbida

A cirurxía bariátrica, un "procedemento salvavidas" para os pacientes con obesidade mórbida

É unha enfermidade que conleva moitos riscos para a saúde como a diabetes, a hipertensión ou problemas cardiovasculares

Este sábado celebrouse en Santiago unha xornada con profesionais e pacientes baixo o lema "Máis ca unha cirurxía, unha nova forma de vivir"

G24.gal 07/03/2026 15:02

Esta semana celebrouse o día mundial contra a obesidade,  unha enfermidade que conleva moitos riscos para a saúde como a diabete, a hipertensión ou problemas cardiovasculares

A obesidade mórbida é unha enfermidade crónica. Conleva moitos problemas de saúde e a cirurxía bariátrica, con procedementos como a manga gástrica, é un salvavidas para os pacientes, coma Patricia e Alba, que comezou o proceso pesando uns 130 quilos.

"Operan o estómago pero non o cerebro e do máis complicado é esa coordinación estómago-cerebro", di Alba Mato.
 

"O apoio dun nutricionista e dun psicólogo para min é fundamental", engade Patricia Pérez

"Moitas veces o que hai que traballar é o tema de fame emocional e fame fisiolóxica e cando os pacinetes teñen claros os perigos que lles poden volver atrás entón é cando o proceso vai ir todo recto", destaca Lucía Terzi, nutricionista clínica especializada en obesidade mórbida e cirurxía bariátrica.

Este sábado desenvolveuse en Santiago unha xornada baixo o lema "Máis ca unha cirurxía, unha nova maneira de vivir". O obxectivo é compartir experiencias, reforzar hábitos saudables tras a cirurxía con profesionais que os acompañen no proceso, ofrezan ferramentas para previr recaídas e consellos para mellorar a súa calidade de vida.

"Veñen dun sentimento de culpa moi grande, é un sentimento a traballar para corrixir a relación coa alimentación", engade Lucía Terzi.

"É bonito esta parte de volver namorarse da comida pero é moi duro ao mesmo tempo", di Alba Mato.

"É un camiño, un camiño difícil", asevera Patricia Pérez.

Os obxectivos principais: reeducar os hábitos alimenticios, mantelos no tempo e deixar atrás o sentimento de culpa.

 

 



​​​

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade