Cargando resultados...
Venda de roupa de segunda man: á procura de prendas con personalidade e orixinais
Seis de cada dez consumidores recoñecen que mercan roupa usada frecuentemente
G24.gal
08/05/2026 21:02
Última actualización 08/05/2026 21:29
Seis de cada dez consumidores recoñecen que mercan roupa de segunda man frecuentemente. Por idade, os que teñen menos de 34 anos compran o dobre de roupa usada que os que teñen máis de cincuenta e cinco.
Moitos din que elixen a roupa de ocasión porque é máis barata pero, tamén, o vintage é tendencia porque adoitan ser pezas con certa identidade e autenticidade.
A tendencia pasa, entre outras cousas, por buscar roupa que se distinga, na medida do posible, do resto. A segunda man é unha tendencia que está de moda.