Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os 4.000 quilos de cocaína que levaban a Vigo alcanzarían un valor duns 1.000 millóns de euros

Os 4.000 quilos de cocaína que levaban a Vigo alcanzarían un valor duns 1.000 millóns de euros

O barco, con bandeira de Tanzania, tiña como destino Galicia e procedía de Panamá

A operación da Policía Nacional contou coa colaboración da Armada Española e da DEA americana

27/10/2025 14:08

Axentes do Grupo Especial de Operacións da Policía Nacional abordaban en mar aberto o mercante Little Girls, con bandeira de Tanzania, cando navegaba a 600 millas das Canarias. No seu interior, nas bodegas do barco, 4.000 quilos de cocaína.

Unha cantidade que, segundo informou en conferencia de prensa desde as Canarias o delegado do Goberno nas illas, acada no mercado unhas cifras moi elevadas. Anselmo Pestana dixo que "se se distribuíse en pureza, serían uns 240 millóns de euros, pero cortada no mercado xa estariamos falando de máis de 1.000 millóns de euros".

O destino da droga era o porto de Vigo, algo do que informara a DEA americana cando en outubro puxo en marcha a operación. Os detalles sinalaban Galicia como lugar final da ruta que levaba o cargueiro procedente de Panamá.

Polo momento hai nove detidos, toda a tripulación, entre os que están o cociñeiro e o capitán. Con todo, a operación, con segredo de sumario, continúa aberta e non se desbotan novas detencións. En colaboración coa DEA e a Armada Española, esta operación da Policía Nacional é unha das máis grandes dos últimos anos contra o tráfico de drogas.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade