Publicador de contidos

Publicador de contidos

Escachan unha marquesiña de autobús e o escaparate dun comercio de Cangas

Escachan unha marquesiña de autobús e o escaparate dun comercio de Cangas

A vila do Morrazo sofre nas fins de semanas os actos de accións vandálicas

G24.gal 27/10/2025 13:57

Nas madrugadas de Cangas están a repetirse os actos vandálicos na fin de semana. Desta vez foron estragados unha marquesiña e o escaparate dun comercio.

"O meu fillo traballa nun restaurante e dixo que onte houbo moita movida, moita xente e moito ambiente para ser a época do ano e domingo. Polo demais, non, que saibamos, de vandalismo...", comenta unha veciña, que engade: "Xa nos chegou pola zona en que vivimos, que houbo unha temporada que tivemos vandalismo, pero hai moito tempo".

Outra recoñece que non se decatou: "Non o souben, sei que iso está de antes, pero doutros actos, unha cadeira rota no colector, o típico da fin de semana".

Non é a primeira vez que esta marquesiña é obxecto de actos vandálicos. Xa cando a instalaron roubaron parte da estrutura. Conta un veciño: "Si, roubaron o reloxo, e despois deberon atopar un e puxérono, pero agora xa non hai ningún alí".

Malia todo, os veciños recoñecen que houbo tempos moito peores: "Como hai tantos bares de noite, agora ciscouse todo un pouco máis, pero antes houbo unha temporada que era fatal"; "Aquí nesta avenida de Marín hai moita lea, polo que din", din dous veciños.

Danos tamén nos comercios de Cangas, en que desta vez os vándalos romperon o cristal do escaparate deste negocio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade