Publicador de contidos

Publicador de contidos

Guindan pedras sobre coches dende unha ponte sobre a estrada de Ribadavia ao Carballiño

Guindan pedras sobre coches dende unha ponte sobre a estrada de Ribadavia ao Carballiño

As denuncias comezaron hai arredor de dúas semanas, pero polo momento non se deu cos autores

G24.gal 27/02/2026 14:17

Foi contra a media tarde cando unha condutora se dirixía de volta á súa casa pola estrada OU-504.

"Ao pasar polo lugar onde se produciu todo, vin que había moitos lastros, como lastros polo carril. Entón intentei esquivalos, evitalos decelerando e cando pensei que xa os pasara escoitei algún golpe nos baixos do coche, e cando pensei que xa librara sentín un estrondo enorme e claro era a pedrada no cristal", conta Rita, unha das afectadas.

As pedras, que ocupaban practicamente todo o carril, guindáronas dende unha ponte situada por riba da estrada que comunica Ribadavia co Carballiño. Conta que foi un milagre que non pasara dun susto. Ao parar, outros condutores advertírona de que non era a primeira afectada nos últimos días. Algo que saben ben nos talleres da vila. Din que os danos nos vehículos son cuantiosos. 

"Danos importantes, afectados sobre todo no parabrisas, nalgún caso diante do condutor e outros na zona do acompañante, pero ben son pedras grandes que poden ocasionar en calquera momento unha desgraza. Hai algún que por abaixo ten varios danos, outros na carrocería, nas portas, capós e aletas", explica o mecánico Ramón Fernández.

As denuncias comezaron hai arredor de dúas semanas. Con todo, resulta difícil polo de agora dar cos responsables destes feitos, pola falta de testemuñas ou cámaras na zona, como apunta o xefe de Policía Municipal do Carballiño, Óscar miranda.

"Está claro que é un tema que é perigoso, que pode ocasionar un accidente grave. Os condutores veñen circulando e o sentir o impacto asústanse. Algún pode ver, pero se non se colle a ninguén, se non hai ningunha testemuña pois é complicado". 

Aseguran que non é a primeira vez que pasa algo similar. Hai dous anos nunha zona próxima outros coches recibiron tamén o impacto de pedras dende unha pasarela sobre a estrada. Conta desta vez dar cos culpables canto antes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade