Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un suposto xamán en Porto do Son acusado de estafa

Detido un suposto xamán en Porto do Son acusado de estafa

A operación estivo dirixida por un corpo especial da Policía Nacional con axentes que viñeron de Madrid

Fálase de luces estrañas na parte de atrás da casa e dun posible sacrificio de animais para os rituais

G24.gal 30/10/2025 14:56

Sorpresa é a palabra máis repetida hoxe en Queiruga, no Porto do Son.

"Eu nin sequera sabía o que era un xamán. Na miña vida escoitei tal cousa".

Un home, unha persoa, con supostos poderes sobrenaturais para sandar enfermos ou adiviñar o futuro. 

"Había rumores. Eu escoitara á xente que o home facía maxia negra, que tiña círculos satánicos e cousas asi polo estilo"

"Haberá un ano que se vían un coche ou dous parados diante da casa, pero nada máis".

Todo son seicas. Seica ás veces se vían luces estrañas na parte de atrás, seica sacrificaba animais nos rituais e seica unha vez tivo un problema co marido dunha clienta ao que acusara de infiel. O home foi por el. 

Aínda así, o forte dispositivo policial diante da casa espertou outro tipo de sospeitas.

"Todos desconfiaban de que fora unha redada por temas de droga. Había de vinte a trinta coches da policía, dous furgóns grandes e uns vinte coches pequenos".

Non foi a única. Coinciden fóra de cámara outros veciños. Non tiñan trato con el nin coa familia dende que chegaron a Queiruga, uns anos antes da pandemia.

"Nós o único que soubemos é que viñan de Cataluña. Viñeron cando foi a revolución do independentismo alá pero non se sabía nada máis. Sempre estaban metidos na casa. Non tiñan relación con ninguén. Practicamente nin se vían".

O Catalán, como o coñecen, ten un familiar directo en México, terra de xamáns, pero aquí chegou coa familia, a muller e tres fillos. Este verán traballou de cociñeiro nun bar de praia e ata aí o que sabían del. E agora tamén que está acusado dun delito de estafa.

Axentes da Policía Nacional dun corpo especializado que viñeron de Madrid marcharon cargados de caixas. Descoñécese que podían levar dentro, porque a operación está baixo segredo de sumario e baixo o segredo dunha casa que hoxe permanece pechada a cal e canto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade